O termo asado (assado no Brasil) refírese en Suramérica tanto ás técnicas de cociñado no lume (grellada) coma ao evento social de asistir á churrascada[2] Na Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai considérase prato nacional.[3] Nestes países, a palabra asado é sinónimo do que en galego se denomina churrasco. O asado suramericano adoita consistir en carne principalmente de vitela (vacún) con outras feitas á grella, ou directamente no lume cun espeto.
O asado ou churrasco unha das herdanzas máis importantes acollidas e asimiladas en Galicia polos indianos que volvían das Américas. Hoxe en día os asados, especialmente o churrasco, forman parte importante da gastronomía galega.
↑Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
↑Kuhn, Christoph (28 de xuño de 2007). WOZ Die Wochenzeitung, ed. "Jedes Biest auf den Grill"(en alemán). Zurich. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2012. Asado heisst eigentlich gegrilltes Fleisch, Braten; das Wort wird heute für das Grillereignis allgemein gebraucht.
↑"El asado". Vía Restó.com(en castelán). Bos Aires: Grupo Clarín. 28 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. Nacido en el centro de las costumbres gauchas, el asado se impuso como el plato nacional por excelencia.