Este artigo amosa escritos khmer. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A lingua khmer[1] (en khmer:ភាសាខ្មែរ, Phéasa Khmêr) ou lingua camboxana[2] é a lingua do pobo khmer e a lingua oficial de Camboxa. Con preto de 16 millóns de falantes, é a segunda lingua austroasiática máis falada (despois do vietnamita). O khmer está considerablemente influído polo sánscrito e o pali, especialmente nos rexistros lingüísticos reais e relixiosos, a través do hinduísmo e o budismo. É tamén a máis antiga lingua escrita da súa familia.[3] Á súa vez, a lingua khmer influíu e viuse influída polo tailandés, o lao, o vietnamita, o chinés e o cham, debido fundamentalmente á proximidade xeográfica e a un contacto cultural continuado, orixinando un sprachbund no sueste asiático peninsular.[4]