100.998 (1926) 112.820 (1931) 116.687 (1936) 110.749 (1946) 121.145 (1954) 133.914 (1962) 152.967 (1968) censo 178.381 (1975) censo 177.234 (1982) censo 180.620 (1990) censo 187.206 (1999) censo 183.837 (2006) censo 180.752 (2011) censo 181.893 (2012) 182.592 (2013) 184.076 (2015) 187.074 (2016) 182.460 (2017) censo 182.211 (2018) censo 181.194 (2019) censo 180.318 (2020) censo 179.380 (2021) censo 178.478 (2022) censo 177.674 (2023) censo
Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne. Ao sur e ao oeste elévase a Montaña de Reims, e nesa mesma dirección atópanse os viñedos de Champaña. Os principais lugares de Reims son a Place Drouet d'Erlon, a Place Royale, no centro, onde se atopa unha estatua de Lois XV, e a place du Parvis, onde hai unha estatua de Xoana de Arco. A Rue de Vesle, a arteria máis importante, atravesa a cidade de suroeste a nordés.
Fundada polos galos, Reims converteuse nunha cidade importante do Imperio Romano.[1] Reims desempeñou máis tarde un papel cerimonial destacado na historia monárquica francesa como lugar tradicional da coroación do reis de Francia. A unción real realizouse na Catedral de Reims, que albergaba a Santa Ampola do crisma supostamente traída por unha pomba branca no bautismo do rei franco Clodoveo I no 496. Por esta razón, Reims refírese a miúdo en francés como la cité des sacres ("a Cidade da Coroación").