Saltar ao contido

Segmentación semántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A segmentación semántica consiste en dividir unha imaxe dixital en varias rexións (grupos de píxeles) chamados segmentos. Máis especificamente, a segmentación é un proceso de clasificación de píxeles que asigna unha categoría a cada píxel da imaxe analizada[1].

O obxectivo da segmentación é localizar rexións significativas. A segmentación úsase tanto para localizar obxectos como para atopar os seus bordos dentro dunha imaxe. O resultado de segmentar unha imaxe é un conxunto de segmentos que cobren toda a imaxe sen superpoñerse. Pode representarse como unha imaxe de etiqueta (unha etiqueta por cada píxel) ou como un conxunto de contornos.

Image
Exemplos de segmentación de obxectos

Aplicacións da segmentación semántica

[editar | editar a fonte]

Algunhas das aplicacións prácticas da segmentación de imaxes son:

As aplicacións da segmentación semántica son moitas e son clave para o desenvolvemento da intelixencia artificial. De xeito que cada día hai novos usos na segmentación de obxectos como parte da visión artificial[2].

  1. "Segmentación semántica". la.mathworks.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-01.
  2. Mullany, Lila (2020-10-01). "Computer Vision on the Edge". Medium (en inglés). Consultado o 2021-02-01.[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]