Saltar ao contido

Espata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Image
Flor de Calla palustris

En botánica, a espata é unha bráctea ampla ou un par de brácteas que envolven a inflorescencia ou o eixe florífero.[1][2]

Eimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo deriva do latín spatha, e este do grego antigo σπαθή spathḗ, "hipsofilo da palmeira".[3][2]

A inflorescencia está envolvida por unha espata, a miúdo moi grande e vistosa, coloreada de vivs cores ou, ás veces, completamente branca. A espata pode ser monofila ou difila, é dicir, pode estar constituída por unha ou por dúas brácteas.[2]

A espata aparece nalgunhas monocotiledóneas con inflorescencia de tipo espádice, como nas familias das aráceas e as arecáceas (palmeiras).

Nas palmeiras a espata es a miúdo de consistencia bastante dura. Nas aráceas a espata adoita presentar unha aparencia petaloidea, facendo que toda a inflorescencia teña a aparencia dunha soa flor.

  1. espata no Dicionario da RAG.
  2. 1 2 3 Font Quer 1982, p. 405.
  3. Os hipsofilos son, nas sucesións foliares dos caules, as "follas supersiores", situadas entes os monofilose os antofilos ou folls flarais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Font Quer, P. (1982): Diccionario de Botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3355-804-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]