As súas emisións experimentais comezaron o 10 de marzo de 1989 e posteriormente as emisións regulares comezaron o 3 de marzo de 1990, sendo a segunda rede privada a transmitir por España, despois de Antena 3.
A sede central encóntrase en Madrid, situada no barrio de Fuencarral, no que antigamente foron os Estudios Roma.
En 1989, o goberno de Felipe González liberaliza a televisión española, concedendo tres licenzas de televisión. Esas novas canles son, á parte de Telecinco, Antena 3 e Canal + que lle permite emitir en codificado. Xestionada polo Grupo Gestevisión Telecinco. As súas emisións de proba comezaron por primeira vez en 10 de marzo de 1989 e máis tarde, as súas emisións regulares comezaron o 3 de marzo de 1990 sendo a segunda canle privada para transmitir por toda España. En maio de 1998 comeza a emitir un informativo diario para Galicia en desconexión para esta comunidade, estaba editado e presentado por Ana Rodríguez Martí; mantívose ata agosto de 2001. [Cómpre referencia]
Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS.[1][2] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.