Apareceu o 3 de decembro de 1881 durante o goberno ruso sobre Finlandia e os seus obxectivos eran fortalecer a posición da lingua e do pobo de Finlandia. Ata 1992 estivo aliñado co Partido da Coalición Nacional e desde entón é neutral. Pola súa tiraxe, 130081 exemplares por día (2011), é o segundo diario do país despois do Helsingin Sanomat. Publica catro suplementos semanais: Valo dedicado ao entretemento, os venres, Moro dedicado á cultura de Tampere os xoves, e Asiat e Ihmiset os domingos.