Jesús Sánchez Gallego
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1936 Padrón |
| Morte | 15 de marzo de 2019 Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor, cartelista |
Jesús Sánchez Gallego, nado en Padrón no ano 1936 e finado en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2019,[1][2] foi un pintor galego con estudos en Belas Artes.
Obra
[editar | editar a fonte]A súa primeira exposición foi en Sevilla no ano 1968, expuxo dende entón noutros lugares do mundo; no ano 1972 os seus cadros viaxaron ata Suíza, tamén se mostrou a súa obra en galerías de arte da Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Elaborou, por encargo da Xunta de Galicia, grandes murais e dípticos que anunciaron os Xacobeos do ano 1993, 1999, 2004 e 2010. No 2010 incluíuse un dos cadros de Sánchez Gallego na exposición conmemorativa dos 20 anos do Xacobeo.
Algunhas pezas da súa obra foron adquiridas por distintos organismos oficiais; o Parlamento de Galicia, os Concellos de Padrón, da Pobra do Caramiñal, entre outros, posúen varios óleos de Sánchez Gallego.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el pintor padronés Jesús Sánchez Gallego, autor de varios carteles del Xacobeo". El Correo Gallego (en castelán). 16-07-2019. Consultado o 13-03-2021.
- ↑ "Falece o pintor padronés Jesús Sánchez Gallego". La Voz de Galicia. 20-07-2019. Consultado o 13-03-2021.
- ↑ "La Fundación Araguaney inaugura exposición de óleos de Sánchez Gallego". El Correo Gallego (en castelán). 26-1-2012. Arquivado dende o orixinal o 09-03-2016. Consultado o 13-03-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "La Fundación Araguaney-Puente de Culturas exhibe óleos urbanos de Santiago de Compostela del pintor Jesús Sánchez Gallego". Fundación Araguaney. 23-01-2014. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2014.