Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prusia
Nome orixinal
Preußen (de)
Epónimo
Lema
Lista do elemento
Lingua oficial
Forma de goberno
Relixión
Economía
Fundación / creación
1525
Disolución / destrución
25 de febreiro de 1947
1933
País
Continente
Capital
Berlín (1701 - 1947) Königsberg (1525 - 1701)
Coordenadas
Mapas
Poboación
41.915.040
(1939)
Superficie
297.007 km²
Wikidata G:Commons C:Commons
Prusia (en alemán : Preußen ou Preussen ; en polaco : Prusy ; en ruso : Пру́ссия; en latín : Borussia , Prutenia ) foi un Estado do mar Báltico entre Pomerania , Polonia e Lituania que existiu dende finais da idade media . Despois de 1701, o seu nome estendeuse a un estado máis grande xurdido de Brandeburgo-Prusia , que finalmente abrangueu case toda a Alemaña do norte , e existiu ata o final da segunda guerra mundial . Como a segunda superpotencia alemá, Prusia tivo un papel importante no concerto europeo de potencias dende o século XVIII e foi un destacado centro da Ilustración . Iniciu progresivas reformas no século XIX e finalmente converteuse na forza impulsora detrás da fundación do estado nación alemán .[ 1]
Orixinariamente, o nome Prusia só se refería ao núcleo do estado da Orde Teutónica na antiga área tribal dos prusios , un pobo báltico occidental, e os territorios que xurdiron fóra do Sacro Imperio Romano Xermánico . Despois de que o elector Hohenzollern de Brandeburgo (como Duque de Prusia en 1701) asumise o título de rei en Prusia, a designación xeral do reino de Prusia converteuse na norma para todas as posicións da súa casa dentro e fóra do imperio.[ 2]
De ser un estado membro da Confederación Alemá dende 1815, o reino de Prusia converteuse no poder supremo da Confederación Alemá do Norte en 1866 e do Imperio Alemán en 1871. En 1918, transformouse no Estado Libre Republicano de Prusia , considerado o "baluarte da democracia" na República de Weimar .[ 3] Porén, despois do golpe de estado de Prusia de 1932 e do Gleichschaltung durante a era nazi , o Estado libre perdeu a súa autonomía. Finalmente en 1947, o Consello de Control Aliado declarou a disolución de iure de Prusia.[ 4]
Dende 2004, todos os territorios que unha vez pertenceron a Prusia, agás Kaliningrado , forman parte da Unión Europea .[ 5]