A canción máis coñecida, e a que lles fixo famosos, foi Surfin’ Bird, do ano 1963, que chegou ó número catro do Billboard Hot 100 na parte final do ano. A canción era unha combinación de dúas cancións de The Rivingtons, Papa-Oom-Mow-Mow e The Bird's the Word, e estaba tan claro o medio plaxio que incluso chegaron a incluílos nos discos como compositores. Desta canción fixeron unha versión posterior Los Ramones.
O grupo desfíxose no ano 1967, mais volveu ó escenario nos 80 e estiveron tocando xuntos ata que faleceu o batería en 1989. Seguen tocando xuntos de forma ocasional.
Aínda que a xente quédase coa famosa canción, ben coñecida polo filme de Stanley KubrickA chaqueta metálica (Full metal jacket), o disco é excepcional e altamente recomendable para todos aqueles fans dos 60 e da música surf e garage. Recoñécense en seguida versións posteriores. As primeiras 12 cancións forman parte do LP orixinal de 1964, incluíndo tamén catro cancións extras.