Saltar ao contido

Maputo

Maputo
Imaxe do emblema
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Nome orixinal
Maputo (pt)
Lourenço Marques (pt) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Maputo (pt)
Lourenço Marques (pt) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Maputo Editar o valor en Wikidata
Eneas Comiche (2019 - ) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1781 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
1.133.200 (2023)
1.191.613 (2018)
1.088.449 (2017)
966.837 (1997)
1.094.628 (2007) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   346,77 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   31 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+02:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal0101-01 Editar o valor en Wikidata
VIAF145395772 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fqby Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: cmm.cmmaputo Instagram: cmmaputo Youtube: UCzSMLQ58ud5fNr6sux8yHNA BNE: XX458906 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Maputo é a capital e a maior cidade de Mozambique. Atópase no sur do país, nas marxes do océano Índico. Limita ao norte co distrito de Marracuene, ao noroeste e oeste co concello de Matola e mais co distrito de Boane, e ao sur co distrito de Matutuíne. Ten preto de 1 744 000 habitantes na súa área metropolitana.

Foi fundada no final do século XVIII e designouse Lourenço Marques ata 1975. Ademais destas dúas designacións, a cidade e maila súa área tamén foron coñecidas por outros nomes, tales como Baía da Lagoa, Xilunguíne ou Chilunguíne (Terra dos brancos), Mafumo, Camfumo ou Campfumo, Delagoa e Delagoa Bay, sendo esta a designación máis internacionalmente coñecida polo menos ata os primeiros anos do século XX.

Image
Postal da Avenida Central de Lourenço Marques arredor de 1905.

Os primeiros habitantes coñecidos da Baía da Lagoa ou de Maputo, desde hai máis de mil anos, foron os Khoisan (tamén coñecidos por bosquimáns, hotentotes ou san). Hai polo menos setecentos anos chegaron do Norte os Rongas (o pobo do Sol Nacente), o primeiro pobo Bantú dos moitos fluxos migratorios dos Grandes Lagos que se seguirían.

Considérase que os primeiros europeos en visitaren a Baía de Lourenço Marques foron os navegantes portugueses dun navío comandado por Luís Fernandes en 1502 (logo de seguir á primeira viaxe de Vasco da Gama). Tamén, a baía xa é referenciada no mapa de Cantino, no 1502 e era entón coñecida por Baía da Lagoa. O seu recoñecemento só foi efectuado no 1544 por un escuro comerciante portugués, Lourenço Marques, cuxo nome foi máis tarde dado á baía e á cidade.

En 1781, o rei Mpfumo xa prestara vasalaxe aos portugueses. A primeira estrutura física portuguesa no lugar foi un presidio fundado en 1782 por unha forza militar proveniente da Illa de Mozambique mandada por Xoaquín de Araúxo. O presidio era entón rodeado por varios estados africanos, particularmente os reinos Mpfumo, Matsolo e Tembe. O presidio ou forte foi totalmente destruído por piratas franceses en 1796 e reconstruído en 1799.

A primeira ocupación civil portuguesa ocorreu en 1826 coa fixación dalgúns colonos. Lourenço Marques foi elevada a vila e o seu municipio criado no 1875, para despois ser elevada a cidade en 1887. A cidade tornouse cada vez máis prominente na administración da colonia, ata que a capital foi finalmente transferida da Illa de Mozambique a Lourenço Marques en 1898.

Divisón administrativa

[editar | editar a fonte]
Image
Localización de Maputo en Mozambique.
Image
Maputo na actualidade.

A cidade constituíu administrativamente un municipio e tamén, desde 1980, unha provincia, Maputo (Cidade). O municipio ten unha área de 300 km² e unha poboación de 966.837 (censo de 1997). Maputo está dividida en 7 distritos, a saber:

  • Distrito Urbano Nº1
  • Distrito Urbano Nº2
  • Distrito Urbano Nº3
  • Distrito Urbano Nº4
  • Distrito Urbano Nº5
  • Distrito Municipal da Illa da Iñaca
  • Distrito Municipal da Catembe

A autarquía de Maputo é dirixida por un Consello Municipal e presidida por un Presidente do Consello Municipal. O actual presidente é Eneas Comiche, elixido nas eleccións autárquicas de decembro do 2003 cos seguintes resultados:

Candidato Partido Votos %
Eneas Comiche Frelimo 96.035 75,88
Artur Vilankulos Renamo 15.289 12,08
Philipe Gagnaux XPC
(Xuntos pola Cidade)
12.695 10,03
Carlos Jeque IPADE
(Instituto para a Paz e Democracia)
2.543 2,01
Pedro Loforte Independente 1.223 0,97
Nulos 1.617
Brancos 1.105
Total 130.507

A provincia Maputo (Cidade) é dirixida, como as outras provincias, por un gobernador. En febreiro do 2005 foi nomeada Rosa Manuel da Silvao a primeira gobernadora desta provincia (o cargo estivo vacante ata esa altura).

A cidade non debe ser confundida coa provincia de Maputo, que ocupa a parte máis meridional do territorio mozambicano, exceptuando a cidade de Maputo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]